sexta-feira, 26 de março de 2010

Chegamos ao final desta etapa, mais aínda queda moita volta... Traiovos unha presentación dun poema que a min me gusta especialmente: Itaca, de Kavafis. A falta de tradución...vai en portugués, animándovos a traducilos subtítulos ao galego. Foi agradable compartir parte do camiño, boa viaxe!!!



quinta-feira, 25 de março de 2010

Hoxe visitáronnos ó centro uns regueifeiros (Luís O'Caruncho e Pinto de Herbón), e entre TDT, metrosexuales, pircings, zapatos de calaveras... pois tamén improvisamos nós algunha regueifa. Aquí deixo as dúas que fixemos entre todos.

1.

Eu saín de borracheira
e tomei unha botella
acabei tan borrachiño
ía como unha centella

Ía como unha centella
non sabía o que facía
despois da xerra de viño
tomei unha de auga fría

Tomei unha de auga fría
carallo que mal sentaba
casi morro de hipotermia
fun dereitiño para a cama

Fun dereitiño para a cama
desperteime con resaca
aínda me doe a cabeza
miña nai doume coa estaca

2.

Ía andando polo castro
tropecei cunha pataca
eu non sei nin como fixen
baleirouseme a petaca

Baleirouseme a petaca
costárame vinte euros
ireillos pedir á xunta
que non gaste no decreto

Que non gaste no decreto
que a min gústame o galego
se non teñen que facer
que vaian sachar os grelos

Que vaian sachar os grelos
que mañá fago un caldiño
teño que matalo porco
para facer uns chouriciños


Alba Rendo

quarta-feira, 24 de março de 2010

A lingua galega no cine e na música

O cine galego ata o século XX básase na recopilación de filmes que, ou ben foron ambientados en terras galegas, ou ben con personaxes galegos.

O cinema galego tivo un gran desenvolvemento e expansión grazas á creacción da TVG (25 de xullo de 1985) e aos debuxos animados.

Un dos filmes con maior sona é "O bosque encantado" (do ano 2001).




Elaborada por: Natalia Gómez
Patricia Maña
Diego Quintela
Iván Viaño
Burbulla, luscofusco, panxoliña, berce, xeito, aloumiñar, lar, larpeirada, xanela, boneco, fraga, aperta, pomba, beleza, bolboreta, meiga, trasno, fermoso, espantallo, vagalume, amote, feitizo, bágoa, fogar, morriña, saudade, quérote, solpor, feitiño, carallo, orballo, acougo, segredo, ledicia, anxo, tixola, golfiño, arco da vella, meniño, luar, beizos, bico, doce, gaiola, xoaniña, riquiño…

EU FALO.

Alba Rendo

Un poema de Uxío Novoneyra


View more documents from galegadas.



Omar Codesido

A aflicción galega

Ninguén pode controlar o seu destino,
incorporado na profunda desesperación inmersa nun suspiro.
Bágoas caen do anubrado ceo,
turbias, consecuentes dun mal de corazón ileso.
Cando a lúa chea fai a súa aparición,
a escuridade ilícita, e case invisible, emerxe,
provocando na nosa patria galega un conxunto de mágoa e aflicción.

Rebeca Rey

terça-feira, 23 de março de 2010

Este traballo fala sobre os usos lingüísticos e a presenza da lingua nas institucións e na administracción.as institucións e administracións na xente nova en Galicia, é dicir, se a xente nova fala moito, pouco ou nada o Galego.
Esperamos que vos guste!!




Raquel Vázquez Martínez
Alba Seijo Boquete
Yennibel Pérez Ramos
Pablo Pereiro Villaverde

O Lingua na empresa, na economía e na publicidade

Aquí especialmente falamos do galego na empresa, publicidade e economía. Atopamos mostras do uso do galego, tanto oral como escrito, nestes ámbitos;dende o pasado ata o presente...



Realizada por:
Cristina Marín
Silvia Mogo
Alba Rendo
Olalla Rey

A lingua Galega nos medios de comunicación de masas

Internet é un excelente medio para fomentar o uso do galego.Isto axudou á súa difusión e cada vez está sendo máis utilizado e reclamado na prensa e na televisión. Xa existen periódicos escritos plenamente en galego e existen, tamén, canles en galego, como por exemplo a TVG.



Elaborada por:
José Antonio Furelos
Álvaro Irimia
Marta López
Miriam Pumar

A Lingua No Ámbito Cultural

Nesta presentación falamos da situación actual da lingua galega con respecto ás editoriais, a banda deseñada, ao teatro, e aos documentais.
Contrastamos datos do pasado e do presente e intentamos mostrar como o galego, a pesar da súa situación actual, segue medrando no ámbito cultural.


Realizada por:
Diego Castro
Iria Mosteiro
Manuel Pereira
Susana Seijo

Cousas da vida

O CAN- Domestícate, home e verás que vida máis regalada.
O RAPOSO- Non che nacín pra can.



Olalla Rey Vilares

Por xentileza dun tal Jato da Torre

- eh ti , o do pelo de castron -----> outra de vakeros
- trabucacheste cazoleiro -----> non recordo, sabe david
- vou ao coche oir unha cinta de ana kiro -----> hot shots
- a rañala raparigo (en ves sayonara baby) -----> terminator
- meu dia meu dia (en ves de may day ) -----> nunha de avions da jerra
- estaba bebeda sue ellen -----> dallas
- Ese e Ryotsu, o home máis feo, tuzaro e baldreu -----> unha de japos
- vouche voar os miolos -----> pulp fiction
- es un pinpin songoku -----> vexeta a songoku
- wayne´s world, que esmendrelle -----> o titulo de wayne´s world , que desparrame
- carallo, un alien! -----> alien , obviamente
- levanta a saia, comeza a troula -----> unha do vakeros, gentileza do jato da torre



Úrsula Martínez
Olalla Iglesias
Fatima Lemos

A AMIZADE DOS INSECTOS


Érase unha vez, unha avelaíña que vivía nun prado sen preocupacións voando polo alto do prado, admirando a paisaxe e contemplando o sol no solpor coma se non houbera un mañán.
Era tan feliz e estaba tan contenta, que bolboretas migratorias que por alí pasaban sempre dicían "É a avelaíña máis feliz e contenta que nas nosas viaxes vimos" ao que a avelaíña respostaba cun gran sorriso.
Un bo día, atopouse cunha cascuda no medio do prado, e dirixíulle a palabra preguntándolle quen era e que facía alí, pero a cascuda non respostou ao que a avelaíña secidiu non presionala e marchouse de alí.
Seguiu voando polo prado e atopouse cunha xoaniña, coa que comezou a falar e pasaronlle as horas, e como se levaban tan ben decidiron organizar unha festa, á que invitaron a todolos animais que por alí había.
Foron a carricanta, a barbantesa, o saltón, a lesma, a miñoca e moitos máis insectos menos a cascuda que a invitaron pero negouse a ir, e todos os insectos se fixeron amigos, e a cascuda por ser orgullosa, nin amigos, nin contento, nin alimento que na festa podería ter probado.



Alberto Salmonte Rodríguez 3ºB ESO

Meu amor
onde estas?
levoute o mar
lonxe de min.
Ai, meu amor!

Volve canda min
quero ser feliz
xuntos ata o fin.
Ai, meu amor!

Onde estas?
meu amado
o mar levoute
lonxe de min,
lonxe do amor.
Ai, meu amor!

Quero ser feliz
xuntos ata o fin
volve pronto
que morro sen ti.
Ai, meu amor!

Sen ti ei morrer,
sen o teu cariño
sen o teu amor
Ai, meu amor!

Amor mortal ,
amor sentimental
a túa marcha sen folgos me deixa
para seguir o meu camiño
sen o teu amor
sen o teu cariño
Ai, meu amor!

Sandra Goyanes 3ºB

AS NOSAS PALABRAS FAVORITAS














CATIVO

NO DICIONARIO:1. De mala calidade, que vale pouco ou non ten boas calidades. Unha froita cativa. Un escritor cativo. SIN. malo, ruín. É cativa, non é moi guapa. 2. Privado da liberdade, que foi feito prisioneiro. Estivo tres anos cativo nos alxubes do castelo. Tamén s. Pedían a liberdade dos cativos. SIN. preso. 3. fig. Sometido a unha paixón, ós encantos de alguén, etc. Cativo do amor dunha fermosa dama. // s. 4. Rapaz de pouca idade. Xogos de cativos. SIN. neno, pequeno, pícaro. CF. meniño

PARA MIN: Calquera persoa inocente que fai as cousas de corazón, sen pensar no que dirán, e, ao fin e ao cabo todos fomos cativos algún día...




Laura Nogueira Martínez, 3ºB (ESO)


ÁRBORE


NO DICIONARIO: 1. Calquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura. O carballo, o castiñeiro, a faia ou a sobreira son árbores frondosas. 2. fig. Calquera gráfico en forma de árbore onde se especifican as relacións de ascendencia e descendencia entre diversos individuos pertencentes a un tronco común. Árbore xenealóxica. A árbore da evolución das especies. 3. Mec. Eixe que recibe un movemento de rotación dun motor e o transmite. Árbore de levas. A árbore dun motor diesel transmite o movemento ós émbolos. s Árbore de levas. Eixe que fai xirar unha ou máis levas, destinado a transmiti-lo movemento a unha máquina. / Árbore xenealóxica. Figura en forma de árbore onde se detallan os nomes dos individuos dunha ou máis familias pertencentes a un tronco común e onde se describen de maneira gráfica as relacións de ascendencia ou descendencia existentes entre eles. A árbore xenealóxica da familia real.



PARA MIN: Recórdame a miña parroquia, pois ten nome de árbore: "Pereira". Ademáis, alí hai moitas árbores que son as que purifican o ambiente.





Belén Canabal Rivera, 3ºB (ESO)

A palabra máis fermosa para min do galego



Esa palabra é a AMIZADEPor que? Pois...porque para min é una das poucas cousas que lle dá sentido á vida. Dentro dunha verdadeira amizade atopas sinceridade, cariño, apoio … o que non se atopa na amizade non se atopa en ningún outro lugar. Amigos de verdade hai poucos, mentireiros hai moitos, si, eses que che veñen e che fan a pelota e ti crelos pero logo por detrás danche a puñalada trapeira, a quen non lle ten pasado iso? Por sorte eu teño DÚAS amigas, que estiveron comigo nas duras e nas maduras, que me aguantaron todo, e si, como dixen ao principio, elas danlle o sentido á miña vida que preciso dia a dia. Por iso a palabra máis bonita para min do galego é a amizade, non so do galego senón de todas as linguas porque sen amizade non sería nada, ó mellor hai xente que pensa o contrario, pero acaso non é verdade?
Yolanda Cancelo Martínez 3ºB

A FESTA DOS ANIMAIS


A barbantesa sae a cazar e,
por riba dela unha bolboreta non para de voar.

A carricanta non fai máis que cantar e,
a avelaíña e o escaravello puxéronse a bailar.

O saltón salta sen parar e,
a lesma xunto coa miñoca non o deixan de ollar.

O tabán á xoaniña quere picar e,
ven a vacaloura para a festa animar.


Laura Nogueira Martínez, 3ºB (ESO)

Para ler en Galego

Os seguintes libros que vou recomendar son para a xente que lle guste o misterio e o crime. Xente que lle guste formar parte da historia porque, para o meu gusto, son libros que te envolven.

O primeiro é Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. Este libro conta a resolución dun crime nun castelo. A historia ocorre no ambiente da antiga Igrexa, entre a desputa polo bispado e os problemas dunha familia rica. Neste libro tamén teñen cabida os pecados de certos menbros da Igrexa.

O segundo é Ollos de auga de Domingo Villar. Este é unha novela policíaca que conta como dous axentes resolven o asasinato dun músico na Torre de Tordolla, en Vigo. Esta historia é máis actual e móvese nun ambiente de clase alta e con xente de moita influenza. Ademais, se vos gusta este libro, Domingo Villar publicou un novo cos mesmos personaxes: A praia dos afogados.

Raquel Zas

segunda-feira, 22 de março de 2010

GALEGO

video
Feito por Mateo e Matías de 3ºA

Pinto e Caruncho

Ehh!! O día 25 de marzo veñen os regueifeiros ao colexio.





David Balado Pardo 3ºB

domingo, 21 de março de 2010

Entrevista a unha veciña de 65 anos da aldea de Arca

A miña aldea chámase O Pedrouzo e queda pertiño de Compostela. Un xoves pola tarde estiven falando con María, veciña de toda a vida. Conversamos sobre a lingua e doutros tempos,conversa tan habitual ultimamente coma a do fútbol. Comecei preguntándolle:

-Como estaba potenciado o uso do galego na sua infancia?
-Pois a verdade non era moita cousa. O galego só o falabamos na casa e entre os veciños da aldea. Se algún día iamos para Santiago a vender ou comprar ao mercado, ali xa toda a xente che falaba en castelán e na escola, igual. Os mestres falábannos en castelán e nunca en galego e, se nos oían falalo, aínda nos daban unhas azoutas. Asi che era, aínda nos deberia dar vergonza! O que facían daquela era deixar que parte da nosa cultura morrera...

-Como recorda a súa infancia en Arca?
-A infacia era moi divertida. Xuntabámonos todos os rapaces despois da escola e xogabamos as escondidas ,ao brilé ou ao fútbol, pero tamén tiñamos que traballar moito axudando no campo ás nosas familias.

-De que vivía a xente daquela?
-Vivian principalmente da agricultura e da gandaría, sacando algunha xente que traballaba no aeroporto de Lavacolla.

-Había problemas económicos ?
-Si, a xente con máis problemas económicos eramos a xente que traballaba no sector primario ainda que c gandaria foi mellorando. Pero tamen houbo algúns anos no que algunha xente foi traballar nas minas de Rio Tinto e iso deulle vida á economía da parroquia.

-Que facían co lixo ou residuos?
-As sobras da comida dabanselle aos animais e ao resto do lixo inorgánico queimábase
nas eiras ou nas lareiras.

Feito por:
Adrián Blanco Rivas

terça-feira, 16 de março de 2010

Vivamos como galegos



As grandes verdades son as que fan o mundo inquedarse!!!
Vivamos Como Galegos!

Feito por Miriam e Iria 4ºA E.S.O

domingo, 14 de março de 2010

GALIZA TEN O SON DAS ONDAS MAIS FERMOSO DO MUNDO

O son da praia do Orzan na Couña foi escollido entre 621 cidades o mellor son do mundo.






Feito por: Manuel Pereiro 4ºESO

terça-feira, 9 de março de 2010

Orgullos@s do noso! Orgullos@s do GALEGO!

Porque o galego é un dereito que todos temos, é o noso patrimonio, é algo que ninguén nos pode quitar e sobre todo: É A NOSA LINGUA!





Olalla R. V.

OLLOS DE AUGA

Ollos de auga foi o libro que lemos este trimestre.Trata dun saxofonista que é asasinado e un inspector de policia que intenta descubrir quen foi o asasino e así se involucra nun perigoso xogo.
O libro está ben e é entretido. Penso que podería gustar, por iso o recomendo.

Marta López Iglesias