terça-feira, 23 de março de 2010

A AMIZADE DOS INSECTOS


Érase unha vez, unha avelaíña que vivía nun prado sen preocupacións voando polo alto do prado, admirando a paisaxe e contemplando o sol no solpor coma se non houbera un mañán.
Era tan feliz e estaba tan contenta, que bolboretas migratorias que por alí pasaban sempre dicían "É a avelaíña máis feliz e contenta que nas nosas viaxes vimos" ao que a avelaíña respostaba cun gran sorriso.
Un bo día, atopouse cunha cascuda no medio do prado, e dirixíulle a palabra preguntándolle quen era e que facía alí, pero a cascuda non respostou ao que a avelaíña secidiu non presionala e marchouse de alí.
Seguiu voando polo prado e atopouse cunha xoaniña, coa que comezou a falar e pasaronlle as horas, e como se levaban tan ben decidiron organizar unha festa, á que invitaron a todolos animais que por alí había.
Foron a carricanta, a barbantesa, o saltón, a lesma, a miñoca e moitos máis insectos menos a cascuda que a invitaron pero negouse a ir, e todos os insectos se fixeron amigos, e a cascuda por ser orgullosa, nin amigos, nin contento, nin alimento que na festa podería ter probado.



Alberto Salmonte Rodríguez 3ºB ESO

Sem comentários:

Enviar um comentário