domingo, 21 de março de 2010

Entrevista a unha veciña de 65 anos da aldea de Arca

A miña aldea chámase O Pedrouzo e queda pertiño de Compostela. Un xoves pola tarde estiven falando con María, veciña de toda a vida. Conversamos sobre a lingua e doutros tempos,conversa tan habitual ultimamente coma a do fútbol. Comecei preguntándolle:

-Como estaba potenciado o uso do galego na sua infancia?
-Pois a verdade non era moita cousa. O galego só o falabamos na casa e entre os veciños da aldea. Se algún día iamos para Santiago a vender ou comprar ao mercado, ali xa toda a xente che falaba en castelán e na escola, igual. Os mestres falábannos en castelán e nunca en galego e, se nos oían falalo, aínda nos daban unhas azoutas. Asi che era, aínda nos deberia dar vergonza! O que facían daquela era deixar que parte da nosa cultura morrera...

-Como recorda a súa infancia en Arca?
-A infacia era moi divertida. Xuntabámonos todos os rapaces despois da escola e xogabamos as escondidas ,ao brilé ou ao fútbol, pero tamén tiñamos que traballar moito axudando no campo ás nosas familias.

-De que vivía a xente daquela?
-Vivian principalmente da agricultura e da gandaría, sacando algunha xente que traballaba no aeroporto de Lavacolla.

-Había problemas económicos ?
-Si, a xente con máis problemas económicos eramos a xente que traballaba no sector primario ainda que c gandaria foi mellorando. Pero tamen houbo algúns anos no que algunha xente foi traballar nas minas de Rio Tinto e iso deulle vida á economía da parroquia.

-Que facían co lixo ou residuos?
-As sobras da comida dabanselle aos animais e ao resto do lixo inorgánico queimábase
nas eiras ou nas lareiras.

Feito por:
Adrián Blanco Rivas

Sem comentários:

Enviar um comentário